VÍDEO: Dani Giménez, un futbolista capaz de criticar o dano que fan as casas de apostas nos barrios obreiros
Dani Giménez, porteiro do Deportivo da Coruña, converteuse en trending topic en Twitter en España. Conseguiuno non grazas ás súas paradas, se non por falar alto e claro sobre o impacto do boom das apostas deportivas.
Dani Giménez, porteiro do Deportivo da Coruña, converteuse en trending topic en Twitter en España. Conseguiuno non grazas ás súas paradas, se non por falar alto e claro sobre o impacto do boom das apostas deportivas.
"As casas de apostas son moi poderosas. Están en barrios obreiros e aprovéitanse da xente con menos recursos, pero patrocinan equipos e competicións. Non deberían ser as cousas así. Esperemos que non sexa demasiado tarde", declarou este luns en Alacante, onde os herculinos xóganse hoxe gran parte das súas opcións de volver a primeira división.
O Deportivo está salpicado polo recente escándalo da Operación Oikos. Un dos seus xogadores foi detido, aínda que en principio non por nada relacionado co club galego. O central Íñigo López xa esta en liberdade provisoria baixo fianza de 75.000 euros. López clamou pola súa inocencia, na que o seu compañeiro Giménez di "crer".
Polo Deportivo tamén pasou no pasado Borja Fernández, presunto co-xefe da trama. O ex-capital galego do Real Valladolid tamén está libre con cargos.
As palabras de Giménez foron consideradas como valentes por moitos afeccionados, conscientes do poder das casas de apostas. Máis porque a casa de apostas de orixe herculina, Luckia, é un dos patrocinadores confirmados do club ata 2021.
Tamén recibiu aplausos dalgúns representantes políticos, por exemplo do deputado pola Coruña de En Común Unidas Podemos Antón Gómez Reino:
Ou fútbol negócio leva moito tempo erosionando un deporte popular e fermoso. Agora ou mundo dás apostas non só corrompe. Senon que pon en rocha saúde e vidas nas capas sociais e de poboación máis vulnerabeis. Grazas Dani Giménez xogador do #Depor, pola valentia #Orgulho pic.twitter.com/HjyVc6Rhr5
— Antón Gómez-Reino (@AntonGomezReino) 3 de xuño de 2019
Escribe o teu comentario