(VÍDEO) O agradecemento da enfermería galega aos que lles deron o seu apoio

|

‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ publicou un vídeo no que recompila todas as personalidades que apoiaron a causa destes profesionais da sanidade e que protestaron nas oposicións de Silleda celebradas este mes de maio.


Eventuais en loita



“Aínda temos bágoas nos ollos”. A plataforma ‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ fixo un vídeo de agradecemento a todos aqueles que formaron parte da campaña de apoio á #OPEnegra, que tivo unha adhesión sen igual. Centos de personalidades de todos os ámbitos sumáronse dentro e fóra de Galicia á loita e reivindicacións do colectivo de enfermeiros e enfermeiras da sanidade galega.



O vídeo recompila todas as mostras de apoio recibidas, desde Abel Caballero ata Roi Méndez, pasando por Luís Tosar, Chojin, a Orquestra New York, Touriñán, Lídia Senra, Gonzo, Andrés Suárez e unha chea de persoas anónimas que uniron a súa voz ao berro de todos os enfermeiros e enfermeiras galegas que reclaman melloras tanto no sistema sanitario como nos seus empregos, xa que a maioría viven pendentes dunha chamada que lles permita desempeñar o seu traballo substituíndo a un compañeiro ou como reforzo, a pesar de ter as oposicións aprobadas.


Faltaba que a enfermería crese en si mesma e en Galicia damos o primeiro paso para que non só a profesión, senón que a sociedade descubra a enfermería e que empezo a coidar dos que coidan”, afirman desde a plataforma como agradecemento a aqueles que se envorcaron coa súa causa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress