Só os galegos de PSOE e PP aseguran escano no Parlamento Europeo
Nicolás González Casares e Francisco José Ricardo Millán Mon, polo PSOE e polo PP respectivamente, serán os presentantes da comunidade en Europa, onde non estará Lídia Senra e onde Ana Miranda aínda podería alcanzar un escano.
Nicolás González Casares e Francisco José Ricardo Millán Mon, polo PSOE e polo PP respectivamente, serán os presentantes da comunidade en Europa, onde non estará Lídia Senra e onde Ana Miranda aínda podería alcanzar un escano.
O triunfo do PSOE nas eleccións europeas levará a Bruxelas a Nicolás González, que deixa Lalín para dar o salto á política europea. O número oito da lista é o único representante galego de esquerdas que ten asegurado o seu asento no organismo comunitario.
Como González, tamén irá ao Parlamento Europeo Francisco José Ricardo Millán Mon, aínda que no caso do popular esta non será a súa primeira experiencia en Europa. Tanto González como Millán Mon ían nas listas do seu partido como número oito.
A que non repetirá en Bruxelas é Lídia Senra. A ata agora eurodeputada, que concorreu ás eleccións como número dous por Compromiso por Europa (coalición integrada por Compromís e En Marea entre outras forzas) non conseguiu o número suficientes de votos como para sacar polo menos un representante na eurocámara .
O CASO DE ANA MIRANDA
Mención á parte merece o caso de Ana Miranda. Aínda que Agora Repúblicas non logrou os votos suficientes para enviar a Ana Miranda a Bruxelas, a presenza da galega no Parlamento Europeo non está do todo descartada. Agora é a quenda do BNG negociar con Bildu e ERC se a que ata agora era a número cinco da lista ocupará ou non un escano no organismo comunitario.
A negociación está suxeita aos votos logrados polo BNG na comunidade, o que podería levar a Ana Miranda a estar, polo menos por un tempo, en Europa, tal e como acordaron os tres partidos.
A propia Ana Miranda si asegurou a súa presenza ante os medios. “Galicia volverá ter representación no Parlamento Europeo", asegurou, apoiándose en que o Bloque xa "dobrou os seus resultados nas eleccións europeas”.
Escribe o teu comentario