(VÍDEO) Ua muller non puido votar por estar "dada de baixa por defunción" en pobo do rural galego

O BNG de Dozón (Pontevedra) denunciou que unha muller de avanzada idade da localidade "non puido votar" este domingo, "ao figurar dada de baixa por defunción", polo que reclamaron ao concello que emende este "erro manifesto".

|

O censo do Dozón volve estar no punto de mira. Tras denunciarse que había mortos e candidatos en casas derruídas, hoxe ao ir votar unha anciá atopouse con que estaba morta, polo menos a efectos do censo.

O BNG de Dozón (Pontevedra) denunciou que unha muller de avanzada idade da localidade "non puido votar" este domingo, "ao figurar dada de baixa por defunción", polo que reclamaron ao concello que emende este "erro manifesto".


Adolfo campos dozon

Alfonso Campos, Dozón


Os nacionalistas aseguraron que ao "preguntar ao INEM" transmitiulles que a anciá "estaba dada de baixa por defunción".



O BNG fixo pública esta queixa a través de Facebook, nunha gravación na que se pode ver á muller xunto á candidata nacionalista na localidade, Mar Vila López. Nun momento do vídeo tamén se achega a saudala o alcalde de Dozón, Adolfo Campos (PP), que lamenta a situación que acaba de coñecer.


O BNG pediu que se corrixa o erro, debido que, á marxe de que non puidese votar este domingo, poderíalle "causar problemas" a "nivel administrativo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE