​(VÍDEO) Tensión entre unha parella de veciños de Boiro e o alcalde do municipio: “Non nos axudaches e agora mándasme vídeos do PP”

Unha parella de veciños reprocharon ao alcalde de Boiro que non lles prestase axuda administrativa polo falecemento dun familiar.


|

Unha parella de veciños reprocharon ao alcalde de Boiro que non lles prestase axuda administrativa polo falecemento dun familiar.


Juan josu00e9 dieste boiro


O alcalde de Boiro, Juan José Dieste (cun abrigo negro) charlando cuns veciños


Na localidade barbancesa de Boiro vivíronse un dos momentos máis tensos en todo o que vai de campaña en Galicia. Unha parella de veciños achegouse a un mitin que o alcalde de Boiro, Juan José Dieste (PP), ía celebrar na aldea de Runs para reprocharlle ao alcalde que non os axudase nun problema familiar cando estes recorreron ao consistorio en busca de axuda administrativa.






VÍDEO

A conversación, filmada por un dos asistentes ao mitin e que empeza a partir do primeiro minuto de vídeo, tivo lugar antes de que empezase o acto, e a parella reprocha ao alcalde o seu inacción ante un problema de índole familiar, relacionado co falecemento de Evaristo Teira, un boirense de 36 anos.


Nun primeiro momento, a muller, que se identifica como Rosana Romero, afea a conduta do rexedor, advertíndolle que desexa que non salga reelixido, porque segundo ela “como persoa deixas moito que desexar”. “Non me falaches en todo este tempo e esta última semana non paraches de mandarme vídeos do PP ás once da noite”, afirma a afectada, mentres o alcalde nega ter o seu teléfono, algo que admite posteriormente.


Sorprendido pola actitude dos veciños, Dieste trata de defenderse, alegando que si lles tratou de axudalos, algo que os afectados negan. “Que vés? A resolver aquí os teus problemas persoais?”, sinala o alcalde boirense, escudándose en que foron atendidos e puxo do seu parte para tentar solucionar os seus problemas, mentres a muller reitera que nunca recibiron axuda e que sempre solicitaron auxilio administrativo, non económico, aínda que o alcaldable dos populares recrimínalles que eles o que querían era “outra cousa”.


Axudáronnos os médicos de Santiago e a xente do Bloque, non ti”, argumentou a afectada. A discusión vai subindo de ton, mentres ambas as partes lémbranse favores do pasado, ata o punto de que por momentos parece que van chegar ás mans, aínda que ningún dos asistentes ao mitin trata de poñer paz entre eles.


“Dálle un mitin agora á xente!”, resolven os afectados antes de abandonar o mitin, insultando ao rexedor, que tras a escena di non estar en condicións de dar o mitin.


VERSIÓN OFICIAL

Tras o ocorrido, un membro do equipo de Dieste diríxese aos veciños e explica o ocorrido, confirmando que os afectados recorreron ao concello en busca de axuda.  “O diñeiro do concello é de todos, e de aí non sae un euro sen abrir un expediente”, afirma a muller que acompañaba a Dieste, que tamén confirma que se abriu un expediente en Servizos Sociais por ese caso.


O malentendido, segundo parece indicar a persoa que dá as explicacións, débese a que na documentación requirida aos afectados figuraba o número dunha conta bancaria, o que motivou que o concello non puidese prestarlles a axuda que desexaban.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE