A historia das galegas pioneiras no matrimonio gai chega aos cinemas e Netfilx
Isabel Coixet filma a peripecia de Elisa e Marcela que sortearon as dificultades da Galicia de principios de século XX para lograr casar legalmente
Isabel Coixet filma a peripecia de Elisa e Marcela que sortearon as dificultades da Galicia de principios de século XX para lograr casar legalmente
A película 'Elisa e Marcela' chegará ás salas galegas. Un total de seis cinemas da comunidade proxectarán o filme a partir deste venres para despois estrearse na plataforma dixital Netflix, o próximo 7 de xuño.
Natalia de Molina e Greta Fernández son as coprotagonistas
A cinta, dirixida por Isabel Coixet e producida pola compañía compostelá Zenit TV (co apoio de la Xunta), conta la historia do matrimonio de dúas mulleres na Coruña en 1901, considerada a primeira unión homosexual de España. Natalia de Molina e Greta Fernández dan vida ás dúas protagonistas, acompañadas de actores galegos como María Pujalte ou Tamar Novás.
CINEMAS PARA VELA
Tras a súa presentación na Berlinale, prevense pases en Madrid, Barcelona e Málaga, ademais da súa estrea nas salas Númax de Santiago, Multicines Norte de Vigo, Cantóns da Coruña, Xunqueira de Cee, Cinexpo de Pontevedra e Pontevella de Ourense.
O filme tamén chegará á televisión no ano 2020, concretamente á TVG, TV3, Canal Sur, Aragón TV e Televisión de Canarias.
Escribe o teu comentario