O ERE de Poligal paralizado e hai tres posibles compradores para a fábrica
Os traballadores de Poligal lograron paralizar o ERE que ameaza co peche da súa planta en Narón. Demandar a presenza nas negociacións de representantes da factorías polacas e portuguesas permitiulles gañar un tempo que pode resultar clave.

Unha pasada protesta dos traballadores ante a Delegación do Goberno, á que acusan de pasividade
Só gañar tempo, porque a suspensión reclamada pola CIG nos xulgados é temporal. En todo caso, unha boa noticia, especialmente porque permite gañar tempo nas negociacións con posibles compradores.
Segundo a CIG, a Xunta comunicou a semana pasada que hai tres "posibles proxectos" cun empresario que prevé visitar a fábrica esta semana.
A citada central entende que a Xustiza debe, ademais, prorrogar o período de consulta do ERE, previsto inicialmente en só 30 días. A factoría de Narón ten pendentes de cobrar "case 8 millóns de euros" das outras fábricas do grupo, o que constitúe case o 70% da débeda alegada pola compañía para lanzar o ERE.
Escribe o teu comentario