O fretador do Prestige, pendente da débeda bancaria para controlar supermercados Dia
O magnate ruso Miajil Fridman, que controla o 69,76% da cadea, ten ata luns para emendar o buraco patrimonial da marca.
O magnate ruso Miajil Fridman, que controla o 69,76% da cadea, ten ata luns para emendar o buraco patrimonial da marca.
A cadea de supermercados Dia xa está baixo o control do magnate ruso Mijail Fridman baixou a súa firma ‘Letterone’, tal e como o certificou a Comisión Nacional do Mercado de Valores, anunciando os resultados definitivos da OPA lanzada en febreiro, na que Fridman, cofundador e aínda presidente de ‘Alpha Group’, fretadora do cru que transportaba o Prestige, fíxose con o control da compañía.
A pesar do anuncio da CNMV, o magnate ruso ten ata luns para emendar o buraco patrimonial que arrastra Dia. A inxección de capital depende de se se alcanza un acordo sobre a débeda coa totalidade das entidades bancarias das que depende, sendo Santander o máximo acredor, co que aínda non se chegou a un acordo.
Fridman logrou o control da compañía despois dunha serie de episodios nos que se poñía en cuestión a legalidade da estratexia de ‘Letterone’ para conseguir o máximo accionariado da cadea de supermercados, algo que o magnate conseguiu despois de dúas prórrogas do prazo e tras levar ao límite a Lei de OPAS para que a CNMV dese o visto e prace á compra.
Agora, para que o control sexa efectivo, Fridman deberá executar unha ampliación de capital de 500 millóns de euros. De non levar a cabo este procedemento, condicionado ao acordo cos bancos, antes do luns, a empresa entrará en preconcurso de acredores.
Escribe o teu comentario