As protestas e o negro marcan as oposicións de enfermería
A plataforma 'Enfermeiras Eventuais en Loita' marcará coas súas protestas unha xornada na que un total de 8.738 persoas foron admitidas na Oferta Pública de Emprego (OPE) de Enfermería, dotada con 830 prazas, para realizar os exercicios para este domingo 12 de maio ás 15,00 horas no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Segundo informou a Consellería de Sanidade, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o lugar (o recinto feiral de Silleda) e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado por resolución do 1 de marzo de 2018 para o ingreso na categoría de enfermería.
En total resultaron admitidas 8.738 persoas aspirantes, das cales, concretou Sanidade, 122 corresponden ao grupo de discapacidade xeral, 8.520 á quenda libre e 96 ao de promoción interna.
En total neste proceso ofértanse 830 prazas, das cales 372 corresponden ao grupo de acceso libre, 415 a promoción interna e 43 ao de discapacidade xeral.
Sanidade destacou que con este proceso selectivo e os xa celebrados o 9 e 10 de marzo para o acceso á categoría de celador e o 7 de abril para a categoría de grupo auxiliar da función administrativa, o Sergas "dá total cumprimento aos compromisos de coordinación dos procesos selectivos entre as Comunidades Autónomas adquiridos no ámbito da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde", destaca.
Escribe o teu comentario