​Nace a primeira asociación que reúne a todos os profesionais técnicos de evento en vivo de Galicia

A ‘Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo’ pretende reunir a todos os profesionais o sector, “tanto de iluminación, como son, vídeo, rexedores, backline, rigging, montaxe de estruturas, persoal auxiliar...”.


|

A ‘Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo’ pretende reunir a todos os profesionais o sector, “tanto de iluminación, como son, vídeo, rexedores, backline, rigging, montaxe de estruturas, persoal auxiliar...”.

Aptav o teu00e9cnicos


Preto dun centenar de profesionais deron un paso definitivo para aglutinar dunha vez por todas a todos os profesionais técnicos de eventos en vivo de Galicia. A ‘Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo’ (APTAV), que se define como “dos técnicos e para os técnicos, tratará de “denunciar as condicións de traballo abusivas” e “desterrar para sempre esa manida expresión que tantas veces escoitamos de ‘media xornada: 12 horas’”.


A idea é “acabar coa imaxe do técnico comendo un bocadillo no seu posto de traballo”, como sinala o comunicado. Para iso, todos os técnicos de Galicia, “técnicos de iluminación, son, vídeo, rexedores, backline, rigging, montaxe de estruturas, persoal auxiliar...”, poderanse reunir na asociación para “visibilizar e dignificar a profesión, alcanzar melloras nas condicións de traballo e conseguir a conciliación laboral e unha igualdade de xénero real”.


A asociación, que forma parte da Plataforma Estatal de Asociacións de Técnicos/as do Espectáculo, conta cunha “asesoría legal para os asociados” e planea a posta en marcha dun sindicato galego para o sector, coa intención de poder idear un convenio colectivo. Do mesmo xeito, APTAV “colaborará activamente cos centros de estudos e promoverá xornadas e cursos de formación por toda Galicia”, sinala o seu comunicado. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE