​As obras de Explotacións Galegas no Portapego reciben castigo

Augas de Galicia abriu un novo expediente sancionador contra a empresa que opera na antiga mina de Touro.


|

Augas de Galicia abriu un novo expediente sancionador contra a empresa que opera na antiga mina de Touro.

 

Portapego contaminacion touro fonte diaz

Desbordamento do río Portapego


Novo expediente sancionador contra Explotacións Galegas por parte de Augas de Galicia, e van uns cuantos. Así o informa Aldea Viva nun comunicado, onde advirte que o expediente castiga as “obras non autorizadas na cabeceira do Portapego”.


Estas obras desviaron o curso natural do río, “subtraendo augas públicas” e provocando a súa “desbordamento de augas contaminadas no núcleo urbano”, tal e como se reflicten as actas de inspección. Ademais, Augas de Galicia insta o goberno municipal de non outorgar máis licenzas no terreo ata que se resolva o expediente.


Aldea Viva defende que o propietario da mina, como causante, é quen ten que restaurar os terreos e resolver a contaminación do Portapego”, demandan na nota, onde tamén fan mencion ás súas reporches “en reiteradas ocasións” ás obras realizadas no Portapego “coa finalidade de tapar as desfeitas causadas pola propietaria da mina”.


Así, sinala á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, como a última en sumarse a investir en reparar o leito do Portapego. “No seu visitia a Touro comprometeuse a investir 60.000 euros do diñeiro público para ampliar unha canalización coa pretensión de que os lodos da mina non atasquen o leito e circulen rio abaixo ata o Ulla”, sentencia a asociación. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE