A débeda dos partidos políticos aos bancos tras as eleccións
PSOE e PP deben case 75 millóns entre os dous ás entidades bancarias, sobre todo a BBVA e a Santander.
Tras as eleccións xenerais do 28 de abril, a débeda dos partidos é outro factor para ter en conta para as formacións políticas.
PSOE e PP deben case 75 millóns entre os dous ás entidades bancarias, sobre todo a BBVA e a Santander, segundo publica o diario 'Moncloa'.
Obriga esta débeda para ter en conta a opinión da cúpula dos bancos á hora de facer política?
A presidenta do Banco Santander, Ana Botín, por exemplo, pediu "responsabilidade e madurez" ao Goberno. O presidente de Bankia, José Ignacio Goirigolzarri, reclamou seguir coa privatización.
Algúns dos dirixentes dos bancos posicionáronse a favor dun pacto PSOE-Cs e en contra dun que inclúa a Unidas Podemos, que é a formación máis crítica coas axudas dos bancos aos partidos politicos.
A débeda do PSOE supera os 50 millóns de euros e a do PP é de 24,4 millóns, segundo datos das memorias de 2017, xa que os de 2018 aínda non se publicaron.
Escribe o teu comentario