Os galegos Gómez Noya e Dapena, campión e subcampión do mundo na casa

Os dous triatletas galegos álzanse co ouro e a prata na cita mundialista celebrada en Pontevedra. O ferrolán e pentacampeón do mundo, ao que seguiu o pontevedrés Dapena, impúxose cunha marca por encima das 5 horas e 5 minutos.


|

Os dous triatletas galegos álzanse co ouro e a prata na cita mundialista celebrada en Pontevedra. O ferrolán e pentacampeón do mundo, ao que seguiu o pontevedrés Dapena, impúxose cunha marca por encima das 5 horas e 5 minutos.


Gu00f3mez noya tri

Gómez Noya cruzando métaa | Foto: @ITUmultisport


Que mellor honra para a cidade de Pontevedra que coroar a dúas dos mellores atletas galegos de todos os tempos como campión e subcampión do mundo. O ferrolán Javier Gómez Noya, e Pablo Dapena, que competía en casa, alzáronse co ouro e a prata na cita mundialista de Tríatlon de Longa Distancia.


Gómez Noya cruzou a liña de meta cun tempo de 5 horas, 5 minutos e 35 segundos, nunha proba con distancias maiores ás do tríatlon olímpico. Dapena seguiu a Gómez Noya e o esloveno Jaroslav Kovacic quedou coa presea de bronce.


O de Ferrol impúxose primeiro no sector de natación, con Dapena pisándolle os talóns. Na bicicleta competiron de xeito conxunto, onde compartiron grupo con outros sete atletas.

Non foi ata a carreira a pé onde Gómez Noya empezou a demostrar que está en plena forma e listo para afrontar os restos deste ano e de 2020, coas Olimpíadas de Tokio entre cella e cella. 


O ritmo que impuxo Gómez Noya non tivo resposta por parte dos seus competidores, abrindo unha brecha que permitiu ao pentacampeón mundial cruzar a meta con comodidade e entre aclamacións dos seus seguidores.

Dapena tamén cruzou a meta sen sombra, aproveitando o momento para recibir un baño de agarimo por parte dos seus paisanos antes de abrazarse con Gómez Noya e celebrar un podio onde a bandeira de Galicia foi a auténtica protagonista.

relacionada Javier ‘O Capitán’ Gómez Noya, destino Tokio 2020
relacionada Gómez Noya irá a por todas no mundial que se disputará en Pontevedra e que atraerá 4.000 deportistas
relacionada Gómez Noya paséase en Nova Zelandia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE