"Imos!", di un anuncio de Albert Rivera á beira do valo dun club de alterne
Dado o slogan que aparece sobre a imaxe dun decidido Albert Rivera -"imos!-, a combinación dos dous reclamos publicitarios resulta curiosa e está a correr como a pólvora nas redes sociais de Lugo e toda Galicia. Unha asociación que os laranxas poderían evitar de contratar o valo en circuíto publicitario lugués e non a través dunha axencia estatal.Non é a primeira vez que un cartel do Ladies, que no pasado sufriu operacións policiais relacionadas coa estranxeiría e os bordeis, salta á actualidade. En outubro houbo polémica política pola súa presenza no campo do club de fútbol local.
Cidadáns protagoniza, ao seu pesar, unha das anécdotas máis divertidas da campaña en Galicia. Unha dos valos que contratou aparece xusto á beira doutro cartel dun suposto bordel de Lugo, o club Ladies de Outeiro de Rei.
Dado o slogan que aparece sobre a imaxe dun decidido Albert Rivera -"imos!-, a combinación dos dous reclamos publicitarios resulta curiosa e está a correr como a pólvora nas redes sociais de Lugo e toda Galicia.
Unha asociación que os laranxas poderían evitar de contratar o valo en circuíto publicitario lugués e non a través dunha axencia estatal, dado o frecuente e o polémico das accións promocionais do local na zona. E é que non é a primeira vez que un cartel do Ladies, que no pasado sufriu operacións policiais relacionadas coa estranxeiría e os bordeis, salta á actualidade.
En outubro houbo polémica política pola súa presenza no campo do club de fútbol local. E tampouco é a primeira que un cartel asociado cun bordel lugués prexudica a imaxe doutra campaña, como sucedeu coa promoción de la Xunta para o Día da Muller.
Escribe o teu comentario