Crise no Centro Galego de Buenos Aires: dúas empregadas tratan de quitarse a vida

A profunda crise económica da institución bonaerense ha chegado ata este extremo, no que dúas empregadas trataron de suicidarse dentro do complexo.


|

A profunda crise económica da institución bonaerense ha chegado ata este extremo, no que dúas empregadas trataron de suicidarse dentro do complexo.


Centro galego bos aires


Os 400 empregados que quedaron no Centro Galego de Buenos Aires despois dunha importante redución de persoal levan xa 18 meses sen cobrar. Este ano e medio foi unha etapa tremendamente dura para os traballadores, ata o extremo de que dúas empregadas trataron de quitarse a vida o pasado venres 19 de abril.


Dúas compañeiras tentaron quitarse a vida dentro, unha quíxose tirar e a outra prenderse lume. Tivo que intervir a policía”, sinalan fontes do Centro Galego.


Así o denuncian varios medios arxentinos que recollen a situación do complexo. Ademais, as empregadas denuncian as xubilacións voluntarias a membros do persoal, as reducións de soldo aos empregados que aínda permanecen e as restricións que fixo a Sanidade arxentina á institución.


Na mesma liña, unha empregada denuncia que o interventor do Centro Galego, Martín Moyano Varro, leva “6 meses sen ir pola institución”. “Supostamente hai unha chea de compradores e din que temos que esperar á asemblea do 9 de maio, pero non podemos esperar”, lamenta unha traballadora do centro, que advirte que aínda que piden o peche “se non dá para máis” de momento “non o dan”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE