Denuncian un vertedoiro ilegal de residuos industriais responsabilidade de Medio Rural

A asociación ecoloxista Verdegaia alertou da existencia dun vertedoiro "ilegal e incontrolado" de residuos industriais en Baleira (Lugo), concretamente nunha parcela próxima ao lugar das Castiñeiras, na parroquia de Fonteo.

|

A asociación ecoloxista Verdegaia alertou da existencia dun vertedoiro "ilegal e incontrolado" de residuos industriais en Baleira (Lugo), concretamente nunha parcela próxima ao lugar das Castiñeiras, na parroquia de Fonteo.


Vertedoiro


Segundo informou Verdegaia, a parcela, designada como masa común nun proceso recente de concentración parcelaria, converteuse en "un verdadeira mole na que se amorean pneumáticos, cascallos procedentes de construción e mesmo residuos perigosos como chapas de fribrocemento con amianto ou electrodomésticos".


O volume e acumulación de residuos "é tal", apuntan, que "xa se produciron desprendementos cara a unha estrada contigua, ante a absoluta inatención e descoido das administracións".


Como masa común resultante do proceso de concentración parcelaria, destaca a asociación, a parcela é de titularidade pública e responsabilidade da Consellería do Medio Rural "que, con todo, deixa moitos destes terreos en estado de grave abandono, converténdose en potenciais focos incendiarios ou vertedoiros ilegais como ilustra este caso".


Os veciños cursan, desde hai un ano, "diversas e repetidas" denuncias e reclamacións ante as consellerías competentes, o Seprona e o Concello de Baleira, aínda que non se tomou "ningunha medida correctora".


Por iso, Verdegaia anunciou que interpoñerá en datas próximas denuncia formal ante a Fiscalía de Medio Ambiente para que se identifiquen as empresas e persoas responsables das verteduras, así como responsabilidades administrativas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE