Veciños e ecoloxistas piden a dimisión do director xeral de Minas e lembran os 'dólares nunha maleta Samsonite'


Pimeras reaccións á noticia da investigación (antes coñecida como imputación) do director xeral de Minas de la Xunta Bernardo Tahoces.


|

Pimeras reaccións á noticia da investigación (antes coñecida como imputación) do director xeral de Minas de la Xunta Bernardo Tahoces.


O colectivo ecoloxista, Verdegaia,  que exerce a acusación particular no preito, apunta á existencia de "moitas irregularidades".



Pola súa banda, desde a plataforma veciñal Mina de Touro - O Pino Non reclámase o cesamento inmediato do político investigado. 





"Un directivo cun currículo tan manchado non pode estar á fronte dese departamento, e moito menos ser o responsable da decisión sobre o proxecto mineiro de Touro", argumentan os veciños. 


A plataforma Mina de Touro - O Pino Non lembra a traxectoria deste cargo público, en concreto a súa "pésima xestión da crise das vacas tolas" e as "irregularidades e arbitrariedades na tramitación da mina de ouro de Corcoesto, despois de que a empresa promotora destapase unha suposta trama na que 'amigos de o presidente Feijóo', entre os que se atopaba, reclamaban 'dólares nunha maleta Samsonite' ”. 



Manifestacion mina touro opino

Unha pasada manifestación contra a mina no Obradoiro


Ademais, reclaman á Xunta que peche xa o expediente para a reapertura da mina de cobre n os seus municipios, "un procedemento longo e tedioso, paralizado sine die sen motivos xustificados ". 


Desde a oposición, un deputado de En Marea lembra que levan meses reclamando o seu cesamento. Antón Sánchez entende que debe ser retirado do posto ante a súa "conivencia con empresas mineiras contaminantes".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE