Un incendio sen control queima a catedral de Notre Dáme

|

A catedral de Notre Dáme incendiouse cara ás 18:30 á parte superior do templo. As imaxes publicadas en liña mostran un gran incendio na agulla central do templo.


O incendio estaría "potencialmente relacionado" coas obras de renovación do edificio, segundo apuntaron fontes dos bombeiros citadas pola televisión francesa BFMTV. A columna de fume obsérvase ata a sete quilómetros de distancia e tanto os turistas como os oriúndos que estaban nos arredores foron desaloxados.



A alcaldesa de París, Anne Hidalgo, cualificou de "terrible" o incendio nun dos monumentos máis visitados de Europa.


Esta catedral é un dos edificios máis emblemáticos da capital francesa. Comezou a construírse en 1163 e foi culminada en 1345 e atópase na illa de Citeina, no río Sena.


Notre dáme ardendo imaxe

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress