A ONCE deixa un premio de 125.000 euros en Santiago

|

O sorteo do Cuponazo da ONCE repartiu 125.000 euros en Santiago de Compostela entre cinco cupóns premiados ás cinco cifras, con 25.000 euros cada un, correspondentes ao sorteo do venres 12 de abril.


A once


Segundo informou a ONCE, o vendedor Anxo Jesús Barreiro Prego levou a sorte á compostelá Rúa de San Pedro, ao repartir eses cupóns premiados desde o seu posto de venda fixo situado fronte á churraría.


"Anxo Jesús Barreiro é cego e leva máis 31 anos repartindo a ilusión, e desde este punto de venda na Rúa de San Pedro permanece desde 1990", destaca a ONCE.


Aínda que a Rúa de San Pedro é paso obrigado para todos os peregrinos que chegan a Santiago, "Anxo Jesús está seguro de que os premios os ha repartido entre a súa clientela habitual do barrio", asegura a ONCE.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress