Ducias de postos dados ilegalmente pola Deputación de Ourense, en perigo


A CIG, o sindicato que acaba de gañarlle a batalla xudicial definitivamente á Deputación de Ourense, reclama a aplicación inmediata do fallo. Así, a Administración que dirixe Manuel Baltar (PP) debe deixar sen efecto a resolución da Presidencia do concurso interno ordinario de 98 postos de traballo.


|

A CIG, o sindicato que acaba de gañarlle a batalla xudicial definitivamente á Deputación de Ourense, reclama a aplicación inmediata do fallo. Así, a Administración que dirixe Manuel Baltar (PP) debe deixar sen efecto a resolución da Presidencia do concurso interno ordinario de 98 postos de traballo.



Baltarourense

Manuel Baltar


O Tribunal Supremo ratificou esta semana a sentenza inicial do TSXG, que declaraba ilegal esas normas. 


Agora, a central nacionalista lle advirte a Baltar que "no caso de que non se produza un cumprimento inmediato da sentenza" solicitará inmediatamente a execución por vía xudicial. 


A CIG lembra que eses postos de traballo están a ser cubertos por persoal da Deputación irregularmente e que agora poden ver frustradas as súas aspiraciones profesionais. Na seu opinión, estamos ante "un desastre que ten un alto custo para a cidadanía, que frustra as expectativas dos traballadores e que supón usar prácticas dirigidasa impedir os principios de mérito e capacidade".


REACCIÓN DA DEPUTACIÓN

Pola súa banda, a Deputación de Ourense remitiu un comunicado aos medios, que non publicou na súa web, no que asegura que o concurso interno de postos de traballo "aínda non ten sentenza firme" ao atoparse "pendente" a resolución por parte do TSXG.


Ademais, lembra que ningún dos postos afectados é de nova creación, senón que se trata de vacantes que figuran na relación de postos de traballo da Deputación.


"Os requisitos para participar no concurso establecían que poderían participar os empregados públicos titulares de prazas xa existentes na Deputación", apunta.


Convocáronse inicialmente 98 postos de promoción interna, aínda que segundo a CIG, ao final non todos foron cubertos. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE