A portavoz do PP culpa do aumento de violacións ao alcalde Xulio Ferreiro

O pleno municipal viviu un duro enfrontamento entre os populares e o rexedor herculino, que ante esas acusacións deu por concluído o debate.


|

O pleno municipal viviu un duro enfrontamento entre os populares e o rexedor herculino, que ante esas acusacións deu por concluído o debate.


Xulio Ferreiro no pleno municipal


A portavoz do Partido Popular na cidade da Coruña, Rosa Galego, asegurou durante o pleno municipal que o medios reflicten “un aumento dos delitos contra a liberdade sexual do 15%” na cidade herculina e que as violacións disparáronse “un 150%” na cidade.


A popular di que esta subida “non é culpa da Policía”, senón que achaca as violacións ao alcalde Xulio Ferreiro. “A culpa tena un alcalde ao que non lle preocupa a seguridade cidadá”, argumentou Rosa Galego.


As afirmacións espertaron a indignación do rexedor coruñés, dando por pechado o debate. “Acabouse o debate. Acábanme de acusar de que o número de violacións aumentou nesta cidade por min culpa”, defendeuse Xulio Ferreiro.


O alcalde dixo que xa era “suficiente” e deu por concluído o debate cando ía intervir o tamén popular Miguel Lourenzo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE