Morre o presidente de honra de La Región, José Luís Outeiriño

O presidente de honra da Rexión, José Luis Outeiriño Rodríguez, faleceu este martes 26 de marzo aos 83 anos de idade, segundo informa o xornal ourensán.

|

O presidente de honra de La Región, José Luis Outeiriño Rodríguez, faleceu este martes 26 de marzo aos 83 anos de idade, segundo informa o xornal ourensán.


Fundador da Rexión Internacional (1966), un medio de referencia na emigración galega e española, e Atlántico Diario, entre outras iniciativas, tamén foi conselleiro de Telemiño e de Rías Baixas de Produción de Vídeo e Televisón S.A., e TeleCíes.



Jose luís outeiriu00f1ou rodriguez a region


A Rexión destaca que Outeiriño "deixa un oco inmenso no mundo da comunicación e na provincia de Ourense, ámbitos nos que foi un destacado impulsor de proxectos".


Recibiu en 1996 o Premio Galicia de Comunicación, en 2005 a Medalla Castelao de la Xunta e a Medalla de Prata de Galicia polo seu traballo en favor da emigración.


Na súa faceta de empresario, foi promotor e fundador da sociedade Meisa (Manzaneda Estación Invernal SA), creada o 12 de maio de 1972. Ademais, lanzou proxectos empresariais como Imaxe Press, a Axencia Galega de Noticias (AGN), Radio Minuto ou Ferrol Diario.


Tamén recibiu o Título de Excelencia Galega, outorgado pola Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña en 2011, na modalidade de Comunicación, e foi Empresario do Ano pola Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE