A hipótese do suicidio asistido cobra forza no caso da muller desafiuzada

|

O cadáver da muller, de idade avanzada, foi atopado onte cando ía procederse ao seu desafiuzamento cunha nota á beira. 


Stop desafiuzamentos


As investigacións en torno ao falecemento da muller que ía ser deshauciada na Coruña seguen o seu curso e a cada minuto vai cobrando forza a hipótese de que podería tratarse dun suicidio asistido. A filla da muller, coa que residía e que agora se atopa en paradoiro descoñecido, está a ser buscada pola Policía. 


NOTA DE SUICIDIO

Os motivos que levaron aos investigadores para pensar que este podería tratarse dun caos de suicidio asistido son diversos. Os veciños destas dúas mulleres apuntaron que ao domicilio acudía regularmente unha asistente social. Á súa vez, o propietario do inmoble sinalou que as arrendatarias levaban meses sen poder facer fronte ao pago o aluguer e que por iso procedeuse ao desafiuzamento.


As investigacións tamén apuntan a que xunto o cadáver da muller había unha nota, na que se relataba o sufrimento da vítima e a súa situación. Ademais, Radio Nacional apunta que anteriormente xa tentara quitarse a vida.


Do mesmo xeito, as primeiras hipóteses da autopsia apuntan á asfixia  como causa da morte da muller e sinalan que unha almofada podería ser o instrumento utilizado para privar de aire á vítima.


“RECURSOS AO ALCANCE DA CIDADANÍA”

Este caso puxo en alerta a organizacións como ‘STOP Desafiuzamentos’, que subliñou que non tiñan constancia da situación desta familia. A plataforma lamentou que se chegue a este extremos pero admite que en moitos casos “por vergoña das persoas que viven esa situación” non poden facer nada por axudalos.


Hai posibilidades de axudar, hai solucións en moitos casos…pero se non nos decatamos, non podemos facer nada”, lamenta o portavoz local de a plataforma, que fai un chamamento aos achegados e coñecidos de persoas nunha situación similar para que se poñan en contacto con eles antes de que suceda un caso similar.


Na mesma liña manifestouse Xulio Ferreiro. “Existen programas, pisos de emerxencia, axudas e recursos ao alcance de calquera antes de que se cheguen a estes extremos”, afirmou o rexedor herculino. O pleno do Concello declarou a urbe libre de deshaucios o ano pasado, pero a citada Plataforma criticou a falta de medidas reais que eviten casos así

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress