Os galegos prefiren mellores horarios para conciliar vida familiar antes que máis soldo
A inmensa maioría dos traballadores galegos sofren para poder conciliar traballo e familia
Dous de cada tres traballadores en Galicia declaran que, con máis frecuencia da que desexan, teñen problemas para conciliar a súa xornada laboral coa vida persoal e/ou familiar. Así o reflicte un novo estudo de Adecco ao fío do Día Nacional da Conciliación, que se celebra este sábado.
Debuxo dunha nena sobre conciliación
As cifras demostran que as mulleres son as que máis sacrifican as súas aspiracións laborais para dedicarse a coidar a familiares. Dos enquisados galegos, un 24,9% recoñece estar acollido a algún tipo de medida de conciliación dentro da súa empresa. Desa porcentaxe, o 71,7% son mulleres.
Un dato moi interesante para os empresarios interesados en reter talento e aforrar custos é que os traballadores din valorar máis unha boa política de conciliación (8,51 sobre 10 puntos) antes que o salario (7,59 puntos). Entre as medidas de custo cero que a empresa pode ofrecer aos seus traballadores, os galegos prefiren máis flexibilidade de entrada e saída no seu horario (49,7%) ou ter unha xornada intensiva (32,2%).
A mostra da enquisa e 1.000 traballadores en España, 350 deles en Galicia.
Escribe o teu comentario