Denuncia que a Policía pasa de investigar a malleira que lle deron entre berros de "rojo de merda"

Francisco Martínez, militante de Causa Galiza, denunciou que sufriu "unha agresión fascista" en Ferrol, da que nin el nin o seu propio avogado teñen "constancia" do avance das dilixencias policiais para tratar de identificar e deter aos presuntos responsables desta agresión.

|

Un militante soberanista, co apoio de varios partidos, alerta da escalada de agresións "fascistas" nas rúas de Ferrol ante unha suposta pasividade policial


Francisco Martínez, militante de Causa Galiza, denunciou que sufriu "unha agresión fascista" en Ferrol, da que nin el nin o seu propio avogado teñen "constancia" do avance das dilixencias policiais para tratar de identificar e deter aos presuntos responsables desta agresión.

FERROLRolda de prensa este mércores


Os feitos rexistráronse o pasado 7 de marzo, cando o mozo "ía camiñando para casa". "Estaba en compañía doutros dous amigos e decidimos facer unha foto cunha estatua que hai nunha rúa de Ferrol, momento no que chegaron un grupo de entre oito e dez persoas que nos comezaron a insultar, o que dexenerou nunha pequena discusión, decidindo irnos por outra rúa en paralelo para non ter ningún tipo de conflito", explicou en rolda de prensa.


Nese momento, sinala, atacáronlle " por detrás", ao berro de "rojo de merda e fillo de puta", para posteriormente caer "inconsciente" ao chan e espertarse no hospital. Como consecuencia desta agresión, sufriu diversas fracturas na cara, feridas na cabeza e varios dentes rotos.

Martínez estivo acompañado do seu avogado, Alexandre Cortizas, que denunciou o "atraso" das dilixencias nunha agresión que se produciu "hai 14 días". "Non temos constancia de que se estean realizando as mínimas dilixencias por parte da Policía", insistiu, para tratar de identificar e deter aos presuntos responsables.

Tamén están a esperar a que se acabe de tomar declaración ás dúas testemuñas para dirixirse ao xulgado e solicitar "as dilixencias de proba pertinentes, vista a falta de acción por parte da Forzas e corpos de seguridade do Estado".

"Non entendemos como pode ser isto, cando estamos ante un caso de extremada gravidade", considerou, advertindo de que podería tratarse de "un presunto delito de lesións agravadas por realizarse con medios que poñen en perigo a vida das persoas, ademais de por motivos ideolóxicos, os chamados delitos de odio".

NUMEROSOS APOIOS DE FORZAS DE ESQUERDAS
Nesta comparecencia pública Martínez contou co apoio de varios partidos, sindicatos e entidades culturais, como foi o BNG de Ferrolterra, a executiva do PSOE en Ferrol, Partido Comunista dos Traballadores de Galiza, CIG e Fundación Artabria, ademais de Causa Galiza, a organización na que milita e pertence.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE