Axudas para que a factura da auga non sexa un problema para os que pasan por dificultades económicas
Mañá celébrase o Día Mundial da auga, que nesta edición pon o acento en non deixar a ninguén atrás, é dicir, non privar do ben máis básico aos que atravesan por dificultades. Ao fío disto, a empresa de xestión augas Viaqua informa que "conseguiu que 2 de cada 3 clientes teñan á súa disposición bonificacións ou fondos sociais", que se xestionan con axuda dos servizos sociais municipais e entidades como a Cruz Vermella e Cáritas.

Así, a compañía explica que as axudas inclúen tarifas e bonificacións sociais, facilidades para fragmentar o pago da factura, para escoller o día de abono ou para aprazar e fraccionar o pago da débeda sen intereses. O obxectivo é que "a factura da auga non sexa un problema engadido para os que pasan por momentos complicados".
Unha estratexia que dá resultados concretos. Desto xeito, a empresa, parte do grupo Suez, indica que durante o ano 2018 Viaqua realizou bonificacións no pago das facturas por importe de 54.851 € a través das súas tarifas sociais, e asináronse 507 compromisos de pago sen intereses financiando así unha débeda de 331.138 €.
Escribe o teu comentario