Tres mulleres e un home liderarán as listas de Ciudadanos en Galicia
Beatriz Piñeiro presentarase como cabeza de lista por Pontevedra. Marta Rivera e Inés Igrexas serán número uno pola Courña e Ourense, mentres que José Manuel Branco irá por Lugo.
Beatriz Piñeiro presentarase como cabeza de lista por Pontevedra. Marta Rivera e Inés Igrexas serán número uno pola Courña e Ourense, mentres que José Manuel Branco irá por Lugo.
Beatriz Piñeiro (dereita) nun acto de Ciudadanos / Foto: @Beatriz_Piñeiro_
Ciudadanos presentará como cabeza de lista para as eleccións xerais a tres mulleres e un home. Desta forma, Beatriz Piñeiro, Marta Rivera, Inés Igrexas e José Manuel Branco serán os número uno de cada provincia para que o partido laranxa teña representación no Congreso dos Deputados.
Aínda que a posta de longo da representación por provincias terá lugar nso próximos días nun acto do partido, estes serán os catro nomees que centrasen as campañas en cada unha das provincias.
Os CANIDATOS
Por Pontevedra presentarase a xornalista Beatriz Piñeiro. Licenciada pola Universidade Carlos III de Madrid, conta con experiencia en medios de comunicación como Telemadrid e Antena 3, ademais de ser a responsable de prensa da formación en Galicia.
A escritora e xornalista lucense Marta Rivera da Cruz será a número uno por A Coruña, optando a un escano nas Cortes tras ser deputada nas dúas últimas lexislaturas por Madrid.
A lista de Ourense está encabezada pola profesora de dereito Inés Igrexas, mentres que por Lugo irá José Manuel Branco, xefe do Servizo de Verteduras no Ministerio de Agricultura, subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade na Xunta de Galicia e opositor do corpo de Enxeñeiros de Montes do Estado.
Escribe o teu comentario