Concello de Vila de Cruces ofrece aos seus veciños voar a Madrid e volver o mesmo día
O goberno municipal publica pubica un curioso anuncio, destinado “para aquelas persoas que nunca viaxaron en avión”, segundo informa unha veciña da localidade a Galiciapress.
O goberno municipal publica pubica un anuncio, destinado para aquelas persoas que nunca viaxaron en avión, segundo informa unha veciña da localidade a Galiciapress.
O Concello de Vila de Cruces sacou na súa Facebook unha peculiar oferta para os veciños da localidade galega. Os cruceños poden gozar dunha viaxe en avión, programado polo consistorio local, de ida e volta no mesmo día a Madrid.
Anuncio do Concello de Vila de Cruces en Facebook
O fin da viaxe, segundo informa a Galiciapress unha veciña da localidade que chamou para interesarse pola oferta, é dar a posibilidade a todas aquelas persoas que nunca viaxaron en avión a poder voar por primeira vez. Con todo, esta mesma fonte, cre que a oferta “non ten sentido”. “Vila de Cruces non está lonxe de Lavacolla, polo que non ten sentido desprazar xente a Santiago, metelos en un avión e subilos logo noutro para vir para casa”, argumenta.
A viaxe, tal e como reflicte a oferta do concello, está previsto para finais de marzo (sen unha data concreta) e as prazas son limitadas. O anuncio non especifica a quen está destinado a viaxe ou quen pode solicitar as prazas, só indica que os solicitantes deben ter o DNI en vigor e que o concello proporcionará máis información aos interesados.
EXPLICACIÓNS DO MUNICIPIO
Galiciapress chamou para ampliar información aos teléfonos facilitados polo municipio no seu anuncio. A concelleira responsable explicou que o concello só paga o bus turístico e a comida, mentres que os veciños terán que asumir o custo do billete de avión e, no seu caso, as entradas a museos, etc.
A representante detalla que non é a primeira vez que organizan viaxes en avión deste tipo e que o Concello programa habitualmente excursións lúdicas para os seus veciños. Hai 20 prazas previstas nesta ocasión. O voo está previsto para o 27 de marzo ás 7 da mañá para regresar a última hora da tarde.
Escribe o teu comentario