(VÍDEO) Cristina Pedroche, Franco, o camioneiro de ENCE…as mellores parodias do entroido galego

As festas e o enxeño dos participantes deixaron algunhas das imaxes máis curiosas e divertidas do entroido en Galicia.


|

As festas e o enxeño dos participantes deixaron algunhas das imaxes máis curiosas e divertidas do entroido en Galicia.


Cigarronentroidoverin


Acabouse o entroido, por moito que nos pese. Os disfraces e máscaras regresan ao baúl, á espera de volver ser protagonistas das festas dentro dun ano.


Este 2019 Galicia volveu ser o centro de todas as miradas. Os peliqueiros xuntáronse cos protagonistas de ‘A Casa de Papel’ ou os zombis de ‘The Walking Dead’. Nesta festa, onde todo pode pasar, non é raro dobrar unha esquina e ver a Super Mario pelexando con Darth Vader, ou un mafioso de ‘Peaky Blinders’ ser amoestado por un grupo de árbitros, que revisan cada disfrace cun VAR improvisado.


Con todo, este entroido estivo cheo de divertidas parodias que pronto se fixeron virales nas redes sociais. A máis comentada é, sen dúbida, a parodia deste grupo imitando o vídeo do camioneiro que agrediu a uns ciclistas cun martelo o pasado decembro.



Outro dos protagonistas das parodias carnavalescas foi Franco. O ditador e a súa ditosa exhumación do Val dos Caídos foi un dos disfraces máis recorridos ao longo e ancho de Galicia.





Pero hainos que buscaron un disfrace un pouco máis provocador para celebrar as festas. Coma se das campás de fin de ano tratásese, un valente desafiou o mal tempo que acompañou o entroido e disfrazouse de Cristina Pedroche xunto a un particular Alberto Chicote. O fritiu parece que non fixo madeixa en el…terá algo de culpa a botella de cava?



TRADICIÓNS, FÚTBOL E PEQUES

Pero entre tanta parodia e gracieta, os verdadeiros reis do entroido seguen sendo os peliqueiros e cigarrones de Laza e Verín. Ourense volveu vestirse cos seus mellores galas neste entroido que atrae a miles de turistas para gozar das características máscaras e os coloridos vestidos tradicionais.





Curiosamente, as datas das festas coincidiron cos Clásicos do fútbol español. Este ano, os afeccionados do Barça tiveron motivos para celebrar o entroido por partida dobre, mentres que aos incondicionais merengues tocoulles cubrirse o rostro coa primeira careta que atoparon para soportar as bufonadas do acérrimo rival. Estes afeccionados cuulés celebrárono ao grande.



Tamén hai sitio para os máis pequenos no entroido. As escolas de toda Galicia organizaron os seus propios desfiles para que os nenos e nenas puidesen gozar da festa que, unha vez ao ano, convérteos en príncipes e princesas, superheroes e superheroínas ou nos animais máis feros da saba. Neste caso, os bombeiros da cidade da Coruña atopáronse cuns inesperados reforzos na súa loita contra o lume.



FILLOAS VS ORELLAS

Non é raro que, acabado o entroido, o gran inimigo de todo galego que se prece pase a ser a bascula. As receitas da avoa xogan un papel fundamental durante as festividades. As filloas e as orellas dan unha achega extra de enerxía para aguantar a máximo rendemento as longas xornadas de festa. O problema é que, pasado o entroido, moitos temos que aguantar un ano enteiro pasando o mono ata volver probar as benditas filloas. Só de velas a un fáiselle a boca auga.



Pero claro, ata nas sobremesas hai lugar para o enfrontamento. Os profilloas enfróntanse ao sector defensor das orellas. Unha loita sen tregua onde é imposible elixir por un dos dous bandos xa que ningún ten a verdade absoluta, porque a única realidade é que, as mellores, sempre son as que fai a nai de cada un.



Pero hai quen ten a clave para poñer fin á loita.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE