Reparten gratis líquido para capturar as raíñas de avispa velutina

Galicia prepárase outro ano máis para tentar deter a invasión da avispa asiática.


|

Galicia prepárase outro ano máis para tentar deter a invasión da avispa asiática.


Vespa Velutina Avispa Asiática


Os concellos galegos empezan a tomar medidas para poñer freo, na medida do posible, á invasión da tan temida avispa asiática. O Concello de Teo, por exemplo, iniciou unha campaña para repartir liquido atrayente utilizado para capturar as raíñas da avispa velutina.


O líquido, totalmente gratuíto, pretende ser unha das ferramentas que pon o consistorio ao alcance dos veciños para poñer coto á invasión da especie.


Membros de Protección Civil son os encargados de repartir o líquido, que poden recoller os veciños interesados na nave do servizo os mércores, de 17 horas a 19 horas, ademais dos sábados pola mañá. Os veciños, iso si, deben presentarse nas instalacións cun recipiente de plástico cunha capacidade mínima de 300 ml.  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE