O dono dun equipo da NBA compra unha das maiores empresas pesqueiras galegas

Tom Gores é un dos homes máis ricos do mundo e propietario dos Detroit Pistons da NBA; a finais de ano será tamén dono da viguesa Iberconsa


|

Tom Gores é un dos homes máis ricos do mundo e propietario dos Detroit Pistons da NBA; a finais de ano será tamén dono da viguesa Iberconsa

O fondo de capital risco americano Platinum Equity fíxose cunha participación maioritaria do Grupo Ibérica de Conxelados SA (Iberconsa), con sede en Vigo, que estaban en mans do fondo Portobello Capital.


Pesca.- O fondo Platinum compra a pesqueira galega de conxelados IberconsaArrastreiro de Iberconsa


Diso informou Platinum este xoves a través dun comunicado na súa web, no que se apunta que "se espera que a transacción se peche no segundo trimestre de 2019".

Iberconsa é un provedor mundial de produtos do mar conxelados e un dos líderes en España. Os produtos da compañía, que inclúen pescada, lagostino e lura, véndense en máis de 60 países. Ten unha frota propia de 45 embarcacións, que opera principalmente en Arxentina, Namibia e Sudáfrica. Ademais, conta con cinco plantas de procesamento e catro instalacións de distribución de cámaras frigoríficas.

Alberto Freire continuará como conselleiro delegado de Iberconsa tras a transferencia de propiedade. "Cremos no futuro da nosa empresa e confiamos en que Platinum Equity é o socio adecuado para axudarnos a alcanzar a próxima etapa de crecemento e expansión", asegura.

Pola súa banda, vendedores e membros do equipo directivo de Iberconsa serán investidores minoritarios. Os termos financeiros da oporación non foron revelados e fontes de Iberconsa consultadas por Europa Press limitáronse a trasladar que esta venda "é unha boa noticia".

VALORACIÓNS DE PLATINUM E PORTOBELLO
O socio de Platinum Louis Samson destaca que "Iberconsa estableceuse como un líder nos mercados aos que actualmente presta servizo", de forma que "a compañía creceu substancialmente nos últimos anos e pode beneficiarse da experiencia operativa de Platinum para axudar a maximizar os beneficios da súa escala maior". Ademais, ten a intención de facer crecer máis o negocio "a través de novas adquisicións".

O fondo de investimento Platinum foi fundada en 1995 polo multimillonario e membro da lista Forbes Tom Gores, actual dono da franquía da NBA dos Detroit Pistons. No comunicado, o fondo investidor enmarca esta compra no seu crecente impulso ás adquisicións en Europa o último ano.


Tom gores detroit pistons
Pola súa banda, Juan Luís Ramírez, socio fundador de Portobello Capital, dixo estar "orgulloso" de "todo o que Iberconsa logrou" durante o tempo que foron accionistas maioritarios da compañía, con expansión da frota e crecemento no mercado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE