Extinguido un incendio tras queimar máis de 25 hectáreas, moitas de eucalipto
O lume forestal que se iniciou este mediodía no concello do Vicedo, na parroquia de San Román de Vale, atópase controlado, tras afectar a unha superficie dunhas 25 hectáreas.
O lume forestal que se iniciou este mediodía no concello do Vicedo, na parroquia de San Román de Vale, foi extinguido a última hora da tarde do domingo, tras afectar a unha superficie de polo menos unhas 25 hectáreas.
Eucaliptos ardendo no incendio do Vicedo / Brigada de Marroxos Twitter
Así o informou a Consellería do Medio Rural, que precisara que o lume quedou controlado ás 19,20 horas. Iniciouse ao redor das 13,09. Na súa extinción, estiveron a traballar 1 técnico, 1 axente, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de Twitter: @incendios085.
Zona do #IFSanRománOVicedo coordinado e dirixido por #AxentesAmbientais #AAMM #AAFF ,@elprogreso_Lugo ,@vozlugo pic.twitter.com/IQg3E5Z6IF
— Aprafoga (@APRAFOGA) 3 de marzo de 2019
Escribe o teu comentario