O Son do Camiño vende os 25.000 abonos en só unha hora
A segunda edición de O Son do Camiño, que terá lugar os próximos 13, 14 e 15 de xuño no Monte do Gozo de Santiago, volveu a bater récords na venda de entradas de festivais en toda España.
Ás 12,00 horas deste mércores abriuse a venda dos abonos a un prezo especial de lanzamento de 49 euros, oferta que apenas durou un minuto. "O interese do público de toda España foi masivo e fixo que os 25.000 abonos dispoñibles esgotáronse nunha hora", destacan os organizadores.
"Sentímolo pola xente que non chegou a tempo a comprar as súas entradas: a demanda foi, un ano máis, moi superior ao aforamento á venda", sinalan a través dun comunicado de prensa.
Lembran, ademais, que "só as entradas adquiridas a través das canles oficiais son válidas e darán, por tanto, acceso ao festival". "O Son do Camiño posiciónase rotundamente en contra da revenda e insiste en que as entradas adquiridas en webs de mercado secundario (revenda) poden non ser válidas, estar duplicadas...", apunta.
O festival anunciará o seu programación por días e poñerá as entradas para cada un deles á venda proximamente.
Escribe o teu comentario