A presidenta da Deputación de Pontevedra anima ás mulleres para sumarse á folga feminista
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo este venres un chamamento a todas as mulleres para que participen na folga feminista convocada para o próximo 8 de marzo.
Silva hoxe en Rolda de prensa en Pontevedra
Así, o vindeiro venres 1 de marzo a Deputación pontevedresa ten previsto colgar unha pancarta na fachada principal das sedes da institución en Pontevedra e Vigo para "animar ás mulleres da provincia" a que secunden este paro feminino de 24 horas e demostrar así que "se as mulleres paramos, para o mundo".
CHAMAMENTO AOS HOMES
Tamén convidou aos "homes igualitarios" a que acudan ás concentracións e manifestacións programadas para esa xornada, pero non á folga, á que só están chamadas as mulleres.
O 8 de marzo a presidenta da Deputación de Pontevedra, do mesmo xeito que o resto de políticas do goberno provincial bipartito (formado por PSdeG e BNG) "e todas as mulleres que conforman" o seu gabinete, acordaron facer folga e estenden este chamamento ao resto de traballadoras desta administración para que se somen e reivindiquen "xuntas". Ademais, ese día lerán un manifesto nas escaleiras principais do Pazo Provincial.
A próxima semana será presentado o programa completo de marzo e abril, "que non deixará a ninguén indiferente", comentou Carmela Silva.
"O CONTO DA CRIADA"
Nesta mesma rolda de prensa Carmela Silva tamén se referiu á polémica xerada polo anuncio de la Xunta para atraer mulleres inmigrantes "en idade fértil".
A presidenta foi moi crítica con esta medida contemplada na nova Lei de Impulso Demográfico que "converte ás mulleres inmigrantes en vasillas" e en persoas "con data de caducidade", lamentou.
"Indígname que a Xunta vaia a dar incentivos ás mulleres inmigrantes en idade fértil, converténdoas en personaxes da serie O conto da criada", dixo a mandataria provincial para quen esta noticia "é un escándalo e un motivo suficiente para que a persoa que o expuxo dimita". "É unha vergoña, espero que saian a dar explicacións", dixo.
"PROFUNDA BRECHA SALARIAL"
Carmela Silva lembrou que este venres celébrase o Día pola igualdade salarial e citou os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) nos que se reflicte que as mulleres galegas, tras as canarias e as cántabras, son as que menor retribución por hora perciben de todo o Estado, sendo esta un 15,2 por cento inferior á masculina.
Escribe o teu comentario