Feijóo pon en valor a Formación Profesional no anuncio do Centro Galego de Innovación

O presidente de la Xunta anunciou que o proxecto conta xa coa luz verde do consello galego e manifestou que a Formación Profesional "é unha boa opción" para a mocidade galega. 


|

O presidente de la Xunta anunciou que o proxecto conta xa coa luz verde do consello galego e manifestou que a Formación Profesional "é unha boa opción" para a mocidade galega. 


Alberto Núñez Feijóo no Consello da Xunta


A Xunta de Galicia anunciou que xa se están dando os primeiros pasos para a creación do Centro Galego de Innovación de Formación Profesional na cidade de Ourense. O presidente Alberto Núñez Feijóo afirmou ante os medios que este centro, “o primeiro desta natureza”, é un proxecto “potente” e “un exemplo de colaboración entre as administracións públicas”.


Aínda que a Deputación de Ourense asume o proxecto e a maior parte do investimento deste centro, cabe destacar que o proxecto estaba programado nun principio para a zona franca de Vigo, pero a dirección do mesmo renunciou ao proxecto, que máis tarde recaeu na cidade de Ourense. O centro estará situado na Antiga Escola Fogar de Mariñamansa, edificio propiedade da Consellería de Educación.


No relativo aos investimentos, a Deputación ourensá será a que invista a maior parte do diñeiro, cun total de 5 millóns de euros, repartido en 3,5 millóns para as obras necesarias e o diñeiro restante para equipamento. Pola súa banda, a Consellería de Economía investirá 1,5 millóns de euros para equipamentos de tecnoloxía avanzada, mentres que Educación exporá o proxecto construtivo ademais de 3,4 millóns de euros en tres anos, o que supón un investimento total das dúas administracións de 9,9 millóns de euros.


“UN REFERENTE A NIVEL ESTATAL”

Feijóo non dubidou en catalogar os estudos de Formación Profesional como “unha das mellores opcións de futuro” para a mocidade galega. “Hoxe a FP galega é un referente a nivel estatal, porque demostra que funciona e que é útil”, considerou.


En cifras, o presidente de la Xunta afirmou que na actualidade hai 51.000 persoas matriculadas nas FPs galegas, cun aumento do 47% de matriculados desde 2009, que son un exemplo de “adaptación ás necesidades do tecido produtivo”. No mesmo orde, cifrou en 29 os viveiros de empresas incluídas na Formación profesional e que ao día de hoxe estanse desenvolvendo 120 proxectos de innovación nos centros de FP.


Á súa vez, Feijóo explicou que a boa saúde dos centros de Formación Profesional galegos está apoiada nun enquisa elaborada pola Xunta e “respondidas por máis de 13.000 estudantes consultados”. Os resultados reflicten que o 85,9% dos consultados está xa traballando e que a inserción laboral incrementouse nun 30% en catro anos. No caso da FP dual a inserción laboral é do 90,7%.


Con respecto ás 23 familias profesionais que se imparten en Galicia, 13 superan o 85% de inserción laboral, destacando por encima de todas, electricidade e electrónica co 92% e actividades físicas e deportivas 98%, segundo as palabras do mandatario galego.


“A FP é unha boa oportunidade. O 94,2% dos formados quedan en Galicia e só o 1,5% márchase ao estranxeiro”, comentou Feijóo. “Estamos especialmente orgullosos destes profesionais e das políticas de emprego”, sentenciou o dirixente do goberno galego. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE