Onda de pequenos terremotos en Galicia
Santiago de Compostela, o sur de Ourense e a habitual zona sísmica de Triacastela (Lugo) foron os epicentros.
Santiago de Compostela, o sur de Ourense e a habitual zona sísmica de Triacastela (Lugo) foron os epicentros.
Desde o sábado, Galicia viviu ata sete terremotos, de distintas intensidades, dos que cinco se produciron en localidades da provincia de Lugo, un preto de Bande e un na contorna da cidade de Santiago.
SANTIAGO TREME NA MADRUGADA DO SÁBADO
Segundo a información que recolle o Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro dos sismos produciuse precisamente na capital de Galicia. Santiago rexistrou ás 03,10 horas da madrugada do sábado un tremor de magnitude 2,2 e localizado a 9 metros de profundidade.
A partir de aí, os seguintes terremotos xa se concentraron na provincia de Lugo. Ás 11,34 horas do sábado, Triacastela sufriu un tremor de magnitude 2,5.
TREME A ZONA DE TRIACASTELA
Durante o resto do día a provincia mantívose en calma ata que cara á noite rexistráronse ata tres tremores. Triacastela tremeu de novo, con magnitude 2,2, ás 23,35 horas, un sismo rexistrado nunha profundidade de 6 metros.
O seguinte foi en Baralla, a 23 metros de profundidade e o de maior intensidade, alcanzando unha intensidade de 3,0 puntos, ás 23,38 horas.
En Becerreá rexistrouse o seguinte, de ata 2,9 puntos, ás 23,52 horas.
E finalmente, ás 00,16 horas, xa neste domingo, As Nogais, na mesma zona, tamén rexistrou un tremor de 1,9 puntos.
Escribe o teu comentario