Feijóo admite que o SERGAS contratou a médicos sen a especialidade obrigatoria por lei para traballar de pediatras e médicos de familia
O presidente do goberno galego afirmou, a pregunta de Galiciapress, que esta práctica, como tamén admitiu a xerencia de Santiago, levou a cabo “de forma puntual. "É unha prática na que non podemos persistir”.
O presidente do goberno galego afirmou, a pregunta de Galiciapress, que esta práctica, como tamén admitiu a xerencia de Santiago, levou a cabo “de forma puntual”, aínda que se trata dunha práctica “na que non podemos persistir”.
O presidente de la Xunta de Galicia admitiu que existen médicos traballando no SERGAS como pediatras ou médicos de familia sen ter a especialidade necesaria, aínda que matizou que estas contratacións fixéronse de forma “puntual” e que se fixo durante “épocas nas que non había ningún especialista para cubrir baixas ou substitucións”.
“Aínda que existen, é unha práctica na que non podemos persistir”, lamentou Feijóo, que insistiu en que este é un problema do que non está afectado unicamente Galicia, senón que é un problema a nivel estatal, aínda que como sinalou “é unha práctica que leva facendo desde o ano 2002 ou 2003”.
Con todo, o líder do executivo galego subliñou que este método non é único de Galicia, senón que hai outras comunidades autónomas que teñen que recorrer á mesma fórmula para paliar as carencias. “Hai unha semana un presidente dixo sen ningún tipo de complexos que tería que contratar a médicos xeneralistas, porque é un problema a de ausencias de médicos que afecta a toda España”, dixo Feijóo, poñendo de exemplo a situación dos profesionais médicos en Teruel.
“O último estudo reflectiu un déficit de 4.000 médicos a nivel nacional, polo que non se trata dun problema de Pedrafita para dentro”, insistiu o presidente de la Xunta. Para combater esas carencias, o goberno autonómico propón unha convocatoria extraordinaria de MIR para atallar canto antes estas carencias e propuxo planificar un incremento dos MIR para as convocatorias de prazas para os anos 2019, 2020 e 2021.
“Estamos a admitir as xubilacións ata os 70 anos de calquera médico que o solicite e estamos a activar todos os medios legais que temos”, recalcou Feijóo, quen non dubidou en afirmar que é competencia do ministerio de Sanidade do goberno central, pero que se non ten competencias “o mellor que se pode facer é suprimilo e que se deixa ás CCAA planificar os MIR que necesite”. “As comunidades autónomas non podemos ser responsables da falta de médicos a nivel estatal”, sentenciou Feijóo.
Escribe o teu comentario