O 'superdomingo' electoral máis preto ao romper Sánchez coa Generalitat

Golpe de efecto de Pedro Sánchez. A poucas horas da manifestación de PP e Cidadáns contra o relator, o goberno de España abandona a negociación cos independentistas. A dereita queda sen relator que enarborar e o PSOE, ao non poder aprobar orzamentos, convocará eleccións este ano. Se as fai coincidir coas locais e europeas, haberá un superdomingo electoral, algo que pon moi nervioso a moitos candidatos a alcaldes socialistas.


|

Golpe de efecto de Pedro Sánchez. A poucas horas da manifestación de PP e Cidadáns contra o relator, o goberno de España abandona a negociación cos independentistas. A dereita queda sen relator que enarborar e o PSOE, ao non poder aprobar orzamentos, convocará eleccións este ano. Se as fai coincidir coas locais e europeas, haberá un superdomingo electoral, algo que pon moi nervioso a moitos candidatos a alcaldes socialistas.


A vicepresidenta do Goberno e ministra de Igualdade, Carmen Calvo, anunciou que os partidos independentistas non aceptan o marco trazado polo Goberno central para Catalunya.


Carmen Calvo, vicepresidenta


"Este goberno ten a firme decisión de establecer todas as pontes posibles pero neste momento, o marco trazado que fixemos non é aceptado polos partidos independentistas", asegurou en rolda de prensa tras a reunión do Consello de Ministros.


A vicepresidenta dixo que non tira adiante a mesa de partidos que se pactou o 20 de decembro do ano pasado polos presidentes do Goberno, Pedro Sánchez, e da Generaltiat, Quim Torra.


Calvo destacou que a Constitución debe respectarse e rexeitou calquera vontade de autodeterminación: "Este goberno non aceptará nunca a formulación dun referendo de autodeterminación".


Estas declaracións fanse en paralelo ás emendas aos Orzamentos Xerais do Estado, e nunha semana marcada pola polémica sobre se é necesaria ou non a figura dun relator na mesa de partidos para dialogar sobre a situación de Catalunya.


O GOVERN ACUSA A SÁNCHEZ DE "ROMPER O DIÁLOGO"


Nunha comparecencia conxunta de Elsa Artadi e Pere Aragonès en reacción ás palabras de Calvo, o Goberno acusou a Sánchez de "falta de coraxe" ante as presións da oposición. "Lamentamos que o Estado decidise abandonar o diálogo, que o PSOE cedese ante os que están en contra da democracia, do diálogo e de facer política. Un Goberno que falou de resposta política a problemas políticos pero á hora de facer efectivo o diálogo e concretar está a fallar", dixo Artadi.



Pedro Sánchez na Moncloa


Por Pere Aragonès, o Goberno  "renunciou ao diálogo" e di que desde o Executivo catalán continuarase apostando polo diálogo pero, iso si, sen renunciar ao seu proxecto político independentista.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE