Piquetes no primeiro día de folga de ambulancias, que se prevé longa e dura

O 061 apela á "responsabilidade" dos "sectores implicados" e insiste en que se trata de "un asunto" entre empresas e sindicatos

|

Os recortes de la Xunta ao sector provocaron finalmente unha gran conflitividade. A patronal quere deixar de prestar o servizo e os traballadores empezan un paro que pode ser indefinido. Iso si, con servizos do 100%, xa recorridos.



Sabotaxe a ambulancias do 061

Ambulancia saboteada en Tui


A folga no sector de ambulancias en Galicia convocada polos sindicatos CIG, UXT e CC.OO. comeza este venres, 8 de febreiro, para reivindicar un "convenio digno" e un "servizo público de calidade".


O calendario de mobilizacións dos traballadores arrincou o pasado 31 de xaneiro con concentracións diante dos hospitais de referencia das sete cidades galegas para reivindicar un "convenio digno" e un "servizo público de calidade" para o sector de ambulancias en Galicia.


INTERMITENTE PRIMEIRO, INDEFINIDA DESPOIS

A folga será intermitente entre os días 8 ao 11 de febreiro, 18 a 24 do mesmo mes e do 4 ao 10 de marzo, tras o que, se non hai avances antes, converteríase en indefinida a partir do 20 de marzo.


O comité de folga lembra que se mobilizan ante o "bloqueo" das negociacións do cuarto convenio do transporte sanitario, que afecta en Galicia a máis de mil traballadores, porque "leva tres anos caducado".


PIQUETES NALGÚNS HOSPITAIS

Con motivo dos primeiros días de folga, os sindicatos convocaron piquetes ás 11,00 horas deste venres diante da porta de entrada do Hospital Clínico en Santiago, entre outros puntos, e este sábado na entrada do Hospital do Barbanza ás 11,30 horas.


Mentres, informaron de que o domingo 10 de febreiro participarán na manifestación convocada en Santiago de Compostela por SOS Sanidade Pública a partir das 12,00 horas e o luns estarán de novo na entrada do Hospital Clínico na capital galega.


TRAS As SABOTAXES, A XUNTA PIDE CALMA

Con motivo da folga a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 insistiu, nun comunicado, en que as "desavinzas pola negociación do convenio colectivo constitúen un asunto entre as empresas do sector e as organizacións sindicais con representación nas mesmas".


Por iso, fixo un chamamento á "responsabilidade de todos os sectores implicados" e lembra que "o dereito a folga debe manifestarse con total respecto aos bens e ás persoas".


"O 061 continúa traballando de modo responsable e comprometido coa poboación para garantir a cobertura sanitaria ás urxencias, á vez que condena as accións ou actos vandálicos sobre vehículos e medios asistenciais que puidesen ter repercusións sobre as asistencia sanitaria da cidadanía", recalcou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE