Cargo da Xunta tenta burlarse de deputado no Parlamento

Cruz Ferreira dúbida da capacidade de Marcos Cal para comprender gráficas tras lembrarlle que foi "axente comercial de adegas"

|

Cruz Ferreira dúbida da capacidade de Marcos Cal para comprender gráficas tras lembrarlle que foi "axente comercial de adegas"


A directora xeral de Calidade Ambiental de la Xunta, Cruz Ferreira, protagonizou un enfrontamento na Cámara co deputado de En Marea Marcos Cal durante o transcurso da comisión de Medio Ambiente.



Cruz ferreira


Marcos Cal lamentou as "descualificacións e faltas de respecto" vertidas por Cruz Ferreira durante a súa resposta a unha pregunta sobre o incendio que tivo lugar nunha torre de refrixeración en Ence en xaneiro en Pontevedra. Pola súa banda, a responsable de Calidade Ambiental pediu durante o debate "non baixar a estes niveis que son denigrantes".


ALUSIÓNS Ás CONEXIÓNS DE ENCE CO PP

Durante a súa toma da palabra, Marcos Cal denunciou a "trama de corrupción" ao redor de Ence, "incumprindo a lexislación" e na que "sempre contaron coa colaboración do PP". Así, lembrou a súa privatización con José María Aznar como presidente, así como a prórroga do Goberno de Mariano Rajoy de 60 anos á concesión na ría de Pontevedra. E en todo iso "sempre ten detrás á Xunta para branquear a súa actividade".


En resposta, Cruz Ferreira tachou de "falacia" as palabras de Marcos Cal. "Lamento a súa falta de coñecemento sobre medio ambiente", espetoulle.


Tras referirse ao currículo de Marcos Cal como "axente comercial de adegas", Cruz Ferreira deu conta dos datos relativos ao incendio producido na fábrica de Ence, momento no que lle dixo ao deputado: "As gráficas son un pouco difíciles de comprender, se ás veces non comprendes o texto, as gráficas entendo que che veñan un pouco complicadas".


O PRESIDENTE RECLAMA CORDURA

Esta afirmación provocou as queixas do deputado da formación rupturista, quen censurou que o trate con "condescendencia". Chegados a este puntou tivo que intervir o presidente da comisión, Jaime Castiñeira, para pedir "respecto cara a todo o mundo".


"Non te ofendas, porque a min mesma cústame entender a gráfica",  replicoulle o alto cargo da Consellería de Medio Ambiente. "Ti viñeches falar de corrupción e eu estouche respondendo (...) pero ti escoitáches o que dixeches ti!", proseguiu Cruz Ferreira. A isto respondeu Cal: "A vostede persoalmente non lle fixen ningún ataque persoal".


INCENDIO

No tocante ao motivo da pregunta, a responsable de Calidade Ambiental asegurou que non se ten constancia de que o incendio nunha torre de refrixeración en Ence dese lugar a "ningunha afección" ao chan.


Apunta que as augas residuais que provocou foron tratadas na depuradora que a empresa ten nas súas instalacións, mentres non hai alteracións "fóra do normal" nas emisións á atmosfera.


Sobre este extremo, Cal reprochou que ese incendio produciuse no contexto dunhas obras que "carecían de licenza municipal", mentres a empresa "saíu a minimizar" as súas consecuencias e o "perigo que supón" nunha zona "tan poboada".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE