Piden a repetición das eleccións no Colexio de Odontólogos de Lugo tras o fallo xudicial que o ordena
A letrada Alfonso Santalices, que perdeu as pasadas eleccións, pide que se repita o proceso tras unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirma outro fallo do Xulgado do Contencioso número 1 de Lugo, onde se anulan os resultados e ordena a convocatoria de novas eleccións.
A letrada Alfonso Santalices, que perdeu as pasadas eleccións, pide que se repita o proceso tras unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirma outro fallo do Xulgado do Contencioso número 1 de Lugo, onde se anulan os resultados e ordena a convocatoria de novas eleccións.
A letrada Cristina Pérez Salgado considera que "habería que repetir as eleccións porque esta sentenza confirma a sentenza que previamente ditara o Contencioso e o fallo recolle claramente que declara nulo a acta electoral e ordena a convocatoria dun novo proceso electoral". "Non fai falta interpretar nada porque o din moi claro as dúas resolucións xudiciais", abundou.
O que motivou estes recursos xudiciais foi a destrución de 12 votos enviados por correo tras ser declarados nulos. Outra causa para recorrer radica na constitución da mesa electoral nesas eleccións do 23 de xuño de 2016 que outorgaban a presidencia a Alejandro López Quiroga fronte a Santalices.
Cristina Pérez aclarou que a sentenza do TSXG pódese recorrer "en casación ante o Tribunal Supremo", algo para o que xa están preparados. "Nós teriamos que contestar ese recurso", puntualizou.
Con todo, a letrada lucense puntualiza que o seu cliente, Alfonso Santalices, pode pedir "a execución provisional" do veredicto xudicial que pasaría por repetir esas eleccións ao Colexio de Odontólogos de Lugo. "Teriamos que ver as consecuencias xurídicas dunha execución provisional, no caso de que se recorra en casación ante o Supremo", advirte.
Pérez Salgado avisa finalmente de que se a outra parte non recorre, "se declárase firme a sentenza, ou ben se cumpre voluntariamente e fan o que ordena o fallo xudicial e, se non cumpren", asegura que pedirán "a execución forzosa da sentenza", conclúe.
Escribe o teu comentario