Historia contra a "postverdade": Novo libro detalla como o franquismo reprimiu a miles de profesores galegos
Cal foi o papel de mestres delatores, de párrocos, "homes de bos costumes", Falanxe e mesmo "colectivos de veciños" na onda de represión contra os mestres tras a Guerra Civil? Este é un dos aspectos que desvela un novo libro. A depuración do Maxisterio nacional na provincia da Coruña (1936-1945) acaba de ver a luz da man da Fundación Luís Tilve e será presentado mañá venres na sede da Deputación da Coruña.
Cal foi o papel de mestres delatores, párrocos, "homes de bos costumes", Falanxe e mesmo "colectivos de veciños" na onda de represión contra os mestres tras a Guerra Civil? Este é un dos aspectos que desvela un novo libro. A depuración do Maxisterio nacional na provincia da Coruña (1936-1945) acaba de ver a luz da man da Fundación Luís Tilve e será presentado mañá venres na sede da Deputación da Coruña.
O seu autor éJesús Manuel García Díaz, director da UNED en Ourense . O historiador recolleu o Premio Luis Tilve de Investigación e Divulgación Histórica o pasado día 20 de decembro.
Alí enarborou a necesidade de relatar o noso pasado para combater o medo e a postverdade: “Nestes tempos en que vivimos, convén chamar tamén a atención dado que a devandita situación non é moi doada. Nela campea a posverdade, que por suposto, tamén afecta á historia. Temos, como dí Lucien febvre, que facer Historia na medida que é a única capaz de permitirnos vivir con reflexos distintos aos do medo, nun mundo en situación de inestabilidade definitiva. Porque a Historia comprende e fai comprender. Máis ca unha lección diaria é unha condición permanente de atmosfera. A Historia resposta as preguntas que ou home de hoxe fai necesariamente. Explicación de situacións complexas en cuxo ambiente ou home debatirase menos cegamente se coñece a súa orixe”.
Temos, como dí Lucien febvre, que facer Historia na medida que é a única capaz de permitirnos vivir con reflexos distintos aos do medo, nun mundo en situación de inestabilidade definitiva
Este volume consta de máis de 500 páxinas. Detalla o proceso de "depuración administrativa" levado a cabo polo primeiro franquismo cos mestres das escolas rurais e urbanas da provincia coruñesa. Para iso, tira de 2.000 expedientes con documentos de, entre outras fontes, Autoridade Gubernativa Militar, o Reitorado, a Comisión Depuradora Provincial, a Comisión de Cultura e Ensino; a Comisión Superior Dictaminadora, a Oficina Técnico Administrativa, o Ministerio de Educación Nacional e o Xulgado Superior de Revisións.
A portada recolle a icónica obra de Castelao, A derradeira lección do mestre, exposta temporalmente na Cidade da Cultura.
ROLDA DE PRENSA DE PRESENTACIÓN
Na presentación de mañá, a partir das 11 horas, participarán o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o presidente da Fundación Luís Tilve, José Benito Núñez López; e loxicamente o autor, Jesús Manuel García Díaz.
Escribe o teu comentario