O PP retrocede superado por PSOE, Cidadáns e Podemos; segundo o CIS
O liderado de Pablo Casado no PP estaría en cuestión, o que volvería situar a Alberto Nuñez Feijóo como hipotético favorito para sucedelo, de confirmarse as sempre polémicas estimacións do CIS, cuxo novo barómetro electoral acábase de coñecer.

O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de xaneiro volve situar ao PSOE na cabeza co 29,9% de apoio e unha subida dun punto, e coloca en segundo lugar a 12 puntos a Cidadáns, que cun 17,7% supera ao PP.
Os populares caen case cinco puntos e perden mesmo a terceira praza en favor de Unidos Podemos, que marca un 15,4%. Mentres tanto, Vox segue crecendo e xa está nun 6,5%.
En resumo, o partido de Pablo Casado recibiría un pau electoral, o PSOE de Pedro Sánchez afianzaría a súa vantaxe, os de Albert Rivera situaríanse como segunda forza e Pablo Igrexas melloraría lixeiramente respecto a a enquisa de decembro.
A caída do PP prodúcese en paralelo ao aumento dos ultradereitistas de Vox, que obtén case o dobre de apoios que no CIS anterior.A formación de Santiago Abascal pasaría do 3,7 por cento en intención de voto ao 6,5 por cento.
Escribe o teu comentario