Viaqua di que a Xustiza obriga a Teo a pagarlle entre 300.000 e 2 millóns

A empresa de xestión de augas Viaqua rexeita a interpretación da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que fixo o Concello de Teo. 


|

A empresa de xestión de augas Viaqua rexeita a interpretación da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que fixo  o Concello de Teo



Edar calo

Edar de Calo


O conflito nace pola polémica remunicipalización do servizo de augas. O asunto acabou nos xulgados e agora o TSXG desestima un recurso da empresa presentado contra un fallo en primeira instancia "por falta de claridade e motivación". A compañía a nega, como di a Administración Local,  que a Xustiza lle obrigue a pagar máis de 1,7 millóns ao municipio.


"Conforme ás posibles interpretacións ambiguas, que arroxa a sentenza, Viaqua descarta que poida interpretarse a que defende o Concello, dado que sempre serían a favor de Viaqua, e que poderían ir desde case 300.000 euros ata 2.000.000 euros a favor de Viaqua , por iso, acudiuse ao TSJ para que aclara esta ambigüidade, cuestión que agora quedaría a expensas do procedemento de execución de sentenza, para que o Xulgado que ditou sentenza en primeira instancia, determine a concreta cantidade, en todo caso, favorable a Viaqua". ", explica a xestora nunha nota de prensa.


Tras o recente fallo do TSXG, a cantidade para abonar pola remunicipalización dependerá de como execute a sentenza o xulgado inicial, o do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.


A liquidación do contrato de mantemento de augas -orixinario de 1989 e  prologouse en 2007 por 20 anos- desatou unha batalla xudicial, na que as dúas partes reclamaron cantidades. 


Por agora, de acordo ao momento de vista da compañía, la Xustiza admitiu unha débeda de 1,6 millóns con Viaqua en concepto das pasadas inversiones pero tamén unha cantidade de 993.000 euros a favor do Concello por importes de funcionamento da EDAR de Calo e Pontevea. O que non está claro é o recálculo das liquidacións; e os intereses destas liquidacións e os investimentos, que deberá aclarar a execución da sentenza nos xulgados de Santiago.


O enmarañado preito non é unha batalla baladí, pois o resultado do conflito xudicial ten  lectura política na comarca. A prórroga aprobouna un goberno do PP e empezouna a romper un executivo que lideraba o hoxe alcalde de Santiago, Martiño Noriega.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE