Mil galegos convocados á folga este luns
Unísono é unha das maiores empresas do estado en centros de chamadas. Só en Vigo, a multinacional dispón de tres centro de traballo cuns mil empregados. Traballa para empresas tan importantes como BBVA, Santander ou Vodafone.
Unísono é unha das maiores empresas do estado en centros de chamadas. Só en Vigo, a multinacional dispón de tres centros de traballo cuns mil empregados. Traballa para empresas tan importantes como BBVA, Santander ou Vodafone.
Unha pasada protesta contra un ERTE en Unísono en Madrid / CXT
Por vez primeira todos os seus representantes sindicais únense para convocar unha folga de 24 horas. Será este luns 28 de xaneiro. Un dos obxectivos é denunciar que "as contratacións desta empresa fanse de modo fraudulento e case en exclusiva en mediante ETTS".
NOVE SINDICATOS SUMAN FORZAS
"Incentivos opacos pagos mal e tarde", incumprimento dos horarios e falta de calefacción nos centros de traballo son outros dos motivos esgrimidos polas centrais sindicais. Ata 9 sindicatos uníronse na convocatoria: CXT, UXT, CIG, Trabajadores Unidos, CC.OO., CSI, CSIF, USO e SomosSindicalestas.
"É o momento de dicir basta á empresa", insisten. A compañía, por agora non reacciona publicamente á convocatoria. Ademais do paro, en Vigo están convocadas tres concentracións, diante das dúas oficianas de Granvía e a de Valencia, a partir das 3 da tarde.
Escribe o teu comentario