O desborde do Portapego contamina as rúas de Touro (VÍDEO)
As fortes choivas provocaron que o Río Portapego, ao seu paso por Touro, desborde. As augas do río, contaminadas polo seu paso pola mina, percorren as rúas da localidade.
As fortes choivas provocaron que o Río Portapego, ao seu paso por Touro, desborde. As augas do río, contaminadas polo seu paso pola mina, percorren as rúas da localidade.
Esta situación non é inusual en Touro, e varios colectivos xa denunciaron que, a pesar das investimentos realizados polo concello na canalización, estas escenas repítense cada vez que as choivas aumentan o caudal do río. Con todo, desde a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON sinalan que esa canalización debería correr a cargo de Cobre San Rafael, empresa encargada de rexenerar os terreos da mina, e non realizarse "con diñeiro dos veciños".
O pasado mes xa ocorreu un feito similar en Touro, co desbordamento de unha balsa mineira, co risco ambiental que iso supón.
Vos extremófilos do Portapego volven campar hoxe ás súas anchas polas rúas de Touro. En agosto ou concello (é dicir, vos veciños) pagou a canalización que tinga que ter feito Cobre San Rafael, e aínda por riba sen autorización de @AugasdeGalicia.@Xunta @mitecogob#MinaTouroOPinoNON pic.twitter.com/AbiHirDcB1
— Mina Touro - O Pino NON (@minatouropinono) 19 de xaneiro de 2019
Escribe o teu comentario