Feijóo: “Non teño seguro privado; confío plenamente na sanidade pública”

O presidente de la Xunta criticou ante os medios que a oposición non asistise á súa comparecencia na comisión de sanidade e valorou o novo contrato médico, do que dixo que “non hai un igual en toda España”. 


|

O presidente de la Xunta criticou ante os medios que a oposición non asistise á súa comparecencia na comisión de sanidade e valorou o novo contrato médico, do que dixo que “non hai un igual en toda España”. 


Feiju00f3oo


A crise sanitaria é un dos puntos principais na actualidade política de Galicia. O presidente Feijóo, en comparecencia ante os medios de comunicación, lamentou que desde que empezou 2019 “levamos 15 días de manifestacións permanentes en sanidade”. “A principal cuestión que nos preocupa é que haxa pacientes nos Servizos de Urxencias que non teñan un primeiro diagnostico inmediatamente despois de chegar, iso é inxustificable”, afirmou o presidente de la Xunta.


Temos que atender a todos os pacientes que entran segundo os parámetros marcados e nos tempos adecuados, pero en momentos puntuais de entrada de 30 ou 50 pacientes nunha hora, temos que priorizar e distinguir entre urxencias vitais, non vitais e leves”, comenta o líder do executivo galego, quen tamén matizou que logo veñen complicacións derivadas á hora de dar accesibilidade aos pacientes a planta “como consecuencia de que as altas só danse pola mañá, pero normalmente eses pacientes que necesitan unha cama obtéñena ao día seguinte”. “Estamos a incrementar a dotación de persoal nos servizos de urxencias hospitalarias de todo os hospitais”, comunicou Feijóo, reafirmando á súa vez que están a poñer a disposición “todos os recursos” que ten a seguridade social.


“NON TEÑO SEGURO PRIVADO”

En relación á comisión parlamentaria ante a que compareceu onte, os grupos parlamentarios acusan a Feijóo de “mentir” nas súas declaracións polas condicións que ofrece o novo contrato médico que anunciou o SERGAS. “Temos varios sindicatos que están a favor deste contrato, que lembremos que é un contrato voluntario, polo que é difícil explicar por que motivo hai sindicatos que non están conformes cun proposta voluntaria”, cuestionou o presidente de la Xunta. De igual maneira, dixo que se trataba dun contrato único en España, do que sente “moi orgulloso” e que pon “en mellores condicións aos médico de familia con respecto a calquera outro punto do Estado


Feijóo aproveitou para criticar a postura da oposición á que acuso de “preferir consígnalas aos argumentos, na miña opinión porque non teñen nin argumentos nin palabra”. “É a primeira vez que ocorre no parlamentarismo galego que un presidente acode á Cámara a proposta da oposición e a oposición non acode á Cámara”, comentou Feijóo sobre a súa comparecencia unicamente ante membros do PP. “A oposición propón comisións parlamentarias pero non acoden ás mesmas”, sinalou o líder do Partido Popular.


Nesa mesma comisión parlamentaria, o propio Feijóo declarou que a sanidade galega era “boa, aínda que mellorable” e que para el era “unha honra defender un sistema no que creo”. Sobre as súas experiencias a nivel persoal como usuario do SERGAS, o presidente afirmou que afortunadamente goza de boa saúde, o que non o converte “un usuario habitual” da sanidade pública, pero afirmou que non tenningún tipo de seguro privado”. “Confío plenamente no noso sistema sanitario”, sentenciou Feijóo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE