A "Pequena Nicosala" nega cobrar por enchufes en nome do PP de Ourense
Bautizada por algúns medios como a "Pequena Nicolasa" por mor da súa detención, M. A. F. fala por vez primeira para defender a súa inocencia. Faio a través dunha nota de prensa remitida pola súa avogado aos medios unha vez levantado o segredo de sumario.

A "Pequena Nicolasa" nun mitin do PP
FOTO CON RAJOY
Esta muller admite que acudiu a unha festa do PP de Pontevedra, de onde proceden as súas fotos con Mariano Rajoy. Agora ben, "negamos que exista a comisión de ilícito penal algún. Négase rotundamente que exista estafa algunha por importe de 60.000 euros ou calquera outra cantidade".
Cando a detivo, a Policía afirmou que a muller cobraba subornos por repartir empregos en administracións gobernadas polos conservadores, a Xunta e a Deputación de Ourense, enchufes que non se concretaban tras os cobros. Para convencer aos presuntos estafados, enarboraría imaxes con próceres do PPdeG, como a citada. O PP de Ourense desvinculouse dela en canto salto a noticia.
"Nunca utilicei o nome do partido e menos para ofrecer postos de traballo a cambio de diñeiro" deféndese a imputada. O seu letrado, quéixase, ademais, de que a Policía revelase o caso a pesar de existir segredo de sumario. O asunto saltou ao acudir á Fiscalía un presunto estafado, que di perder 60.000 euros por un enchufe que non se concretou.
Escribe o teu comentario