A Xunta propoñerá unha convocatoria de prazas MIR en Atención Primaria

O goberno galego propoñerá ao Ministerio de Sanidade esta convocatoria “extraordinaria” esta mesma semana, tal e como anunciou Albero Núñez Feijóo.


|

O goberno galego propoñerá ao Ministerio de Sanidade esta convocatoria “extraordinaria” esta mesma semana, tal e como anunciou Albero Núñez Feijóo.


O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en comisión parlamentaria.



O presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o seu Goberno propoñerá unha convocatoria "extraordinaria" de prazas MIR en Atención Primaria na reunión anunciada esta semana pola ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, e á que acudirán nos próximos días representantes das autonomías para abordar a problemática do déficit de profesionais.


Así o avanzou Feijóo este mércores, durante a súa comparecencia na comisión de investigación dos recortes en sanidade no Parlamento galego. Neste sentido, insistiu en que é "erróneo pensar que a responsabilidade" do ámbito sanitario é "unicamente" das autonomías, "coma se o traspaso de competencias liberase automaticamente" ao Estado.

Ademais, o presidente de la Xunta defendeu o sistema galego como "o mellor" de España, en referencia a datos do propio Ministerio que expuxo, aínda que considera que é "mellorable". Con todo, apelou a que as críticas sexan "construtivas" e non "destrutivas" e baseadas en "mentiras", como son, ao seu modo de ver, as da oposición (En Marea, PSdeG e BNG).


Precisamente, referiuse a estes grupos para denunciar o seu "falta de respecto" ao Lexislativo autonómico ao non acudir a esta comisión. "Paréceme triste e avergonzante que iso ocorra", esgrimiu, para contrapoñelo a que a súa comparecencia no Pazo de Hórreo débese non só ao seu "deber", senón tamén á súa "vontade".



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE