Bolsas para que os residentes poidan asistir ao congreso nacional de SEMG
Os residentes de Medicina Familiar e Comunitaria terano máis fácil para poder asistir aos congresos nacionais da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), onde se incrementou a presenza destes profesionais nos últimos anos. Por iso, espérase que o número siga aumentando na próxima edición, que se celebrará este ano en Santiago de Compostela do 16 ao 18 de maio.

Para prolongar esta tendencia, a propia sociedade puxo en marcha unha serie de iniciativas para favorecer a asistencia e participación, como as bolsas de inscrición que a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia ofrece aos residentes de Medicina de Familia de Galicia e que foron postas a disposición tanto da Consellería de Sanidade como do Consello Galego de Colexios Médicos en diferentes reunións mantidas en Santiago de Compostela.
“O presidente nacional da SEMG, Antonio Fernández, e membros do Comité de Congresos puideron intercambiar impresións de primeira man tanto co conselleiro de Sanidade Galego, Jesús Vázquez Almuíña, como co presidente do Consello Galego de Colexios Médicos, José Jiménez Martínez, en temas relacionados co congreso e sobre como facer chegar estas bolsas aos máis novos e con máis dificultades para acceder ás cotas de inscrición”, afirma o comunicado emitido por SEMG.
A solicitude de información e tramitación das bolsas pódese realizar na páxina web do congreso e a través da dirección de correo electrónico semg@semg.com.es. Como novidade, SEMG facilitará que os socios inscritos ao congreso poidan convidar a un residente do seu centro ao Congreso, ofrecéndolles unha das bolsas de inscrición dispoñibles.
Ademais das bolsas, puxéronse en marcha os concursos #ECOenigma e #DERMOenigma lanzados nas redes sociais. “Cada quince días publícase unha imaxe ecográfica e dermatolóxica que os residentes deben interpretar correctamente. Entre os acertantes, están a sortearse bolsas de inscrición ao XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia”, sinala a nota.
Escribe o teu comentario